spacer
O Concello de Frades destinará 10.000 euros para complementar as axudas da Xunta a hostaleiros do municipio

O Concello de Frades vai asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia mediante o cal transferirá 10.000 euros ao Fondo Solidario do Segundo Plan de Rescate da Administración autonómica. Trátase de 10.000 euros cos que o Concello de Frades complementará as axudas aos hostaleiros do municipio, a razón de 1.000 euros por establecemento solicitante. 

“Isto quere dicir que cada hostaleiro de Frades, ademais de recibir a axuda que lle corresponda da Xunta de Galicia, terá 1.000 euros máis procedentes dos orzamentos municipais”, explica o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez. De feito, o alcalde explica que “con este convenio evitaremos máis papelames e máis burocracias, xa que o hostaleiro non terá que facer ningún trámite máis para recibir estes 1.000 euros. É unha forma de unir esforzos e evitar demoras para axudar a solucionar os problemas da nosa xente”.