O Concello de Frades organiza un Mercado de Artesanía para mercar os agasallos de Nadal
O Concello de Frades organiza un Mercado de Artesanía, que estará dispoñible o domingo 12 de decembro, en horario de 10:00 a 20:00 horas, na praza de Ponte Carreira. Un espazo no que a veciñanza poderá visitar postos de artesanía local e da comarca para así mercar os agasallos de Nadal máis orixinais e feitos a man.
Para facilitar as compras, o Concello de Frades ten programado diversos xogos populares e obradoiros de Nadal, que terán lugar na Praza de Ponte Carreira en horario de 15:30 a 19:30 horas. Ambas actividades son de acceso libre e de balde, mantendo sempre as medidas de prevención sanitaria: levar máscara, manter a distancia de seguridade e hixiene continuada.