spacer
Os veciños e veciñas de Frades e Mesía terán proximamente un punto limpo móbil á súa disposición

Os veciños e veciñas de Frades e Mesía contarán en breve cun punto limpo móbil, que rotará polas parroquias para achegarse á veciñanza e darlles un servizo directo. Trátase dunha iniciativa subvencionada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais de Galicia para a financiación de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Durante o próximo 2022, o servizo estará a disposición de todos os veciños e veciñas de Frades e Mesía, que poderán depositar residuos como lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos ou pilas. Un servizo “porta a porta” que complementa ao punto limpo de Céltigos, posto en marcha hai sete anos grazas a unha achega autonómica de 276.000 euros, onde poden recollerse tanto residuos comúns como voluminosos (mobles e electrodomésticos), materiais metálicos do fogar, papel, cartón, vidro, téxtil, plástico, bricks, latas e restos de pequenas obras como residuos especiais como disolventes, pinturas, vernices, pilas, fluorescentes, sprays, aceites e baterías, todos eles de uso doméstico. 

Os veciños e veciñas de Frades e Mesía terán proximamente un punto limpo móbil á súa disposición