spacer
O Concello de Frades suspende a Festa de Nadal, a Andaina Solidaria e a excursión a patinaxe e nova jump debido á Covid

O Concello de Frades lamenta informar da suspensión de gran parte da súa programación de Nadal diante do despunte de casos positivos de coronavirus en toda Galicia. Así, quedan suspendidas a Festa de Nadal do xoves 30 de decembro, a Andaina Solidaria do 31 de decembro e a excursión do 4 de xaneiro a patinaxe e nova jump.

A día de hoxe, o Concello de Frades mantén a actuación do mago Dani Polo, programada para este xoves 30 de decembro, ás 19:30 horas, no pavillón de Ponte Carreira. Unha actuación que as familias asistentes poderán seguir mantendo a distancia, sentadas e con máscara en todo momento.

De momento, mantense tamén a recepción de reis do 5 de xaneiro, con inscrición previa no Concello de Frades (9891 695 567 ou 981 695 663) antes do 3 de xaneiro. O Concello informará a través das redes sociais e da súa páxina web o formato no que se desenvolverá a actividade, de acordo coas condicións sanitarias motivadas pola Covid-19. 

O Concello de Frades suspende a Festa de Nadal, a Andaina Solidaria e a excursión a patinaxe e nova jump debido á Covid