spacer
Unha vintena de veciños e veciñas participaron nas Xornadas Micolóxicas de Frades

Unha vintena de veciños e veciñas tomaron parte na segunda edición das Xornadas Micolóxicas de Frades, que tiveron lugar esta fin de semana. Unhas xornadas nas tamén participaron os concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Medio Ambiente, Juan Carlos Portos; e Cultura, Jesús Miguel Prado.

O biólogo da USC Martín Souto foi o encargado de abrir as xornadas cunha charla no multiúsos de Cimadevila na que lles expuxo ás persoas presentes as diferenzas entre cogomelos comestibles e tóxicos. Acto seguido, os participantes fixeron unha saída a apañar cogomelos na contorna da capela de San Nicolau.

Tras a busca polo monte, repuxeron forzas cun xantar-degustación no restaurante A Coviña, no que puideron degustar varios pratos cos cogomelos como ingrediente principal: empanada de cogomelos, tortilla de patacas con cogomelos, cogomelos con cachelos, cogomelos ao allo, guisados etc. As xornadas remataron no local social de Ponte Carreira, onde se expuxeron e catalogaron os cogomelos apañados durante a mañá. 
 

Unha vintena de veciños e veciñas participaron nas Xornadas Micolóxicas de Frades