O bus de Coidados Porta a Porta volverá en xaneiro a Frades para ofrecer aos maiores servizos gratis de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
A praza de Ponte Carreira acollerá do 23 ao 25 de xaneiro o autobús do programa Coidados Porta a Porta, unha iniciativa da Xunta de Galicia para ofrecer servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de Frades. Para poder participar só é preciso solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 / 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.
Este programa permitirá que as persoas maiores de Frades poidan realizar unha revisión e valoración da súa audición; acceder a un servizo de atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; ou realizar de probas de valoración cognitiva e exercicios de estimulación para a prevención de enfermidades neurodexenerativas coma o Alzhéimer.
Esta iniciativa posta en marcha pola Consellería de Política Social para levar servizos asistenciais ás persoas do rural para a prevención da dependencia, conta co financiamento da Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.