spacer
O Concello de Frades conta con 4 prazas para a Campaña da Neve 2023 na estación de Valgrande-Pajares

O Concello de Frades conta con 4 prazas para a Campana da Neve 2023 que organiza a Deputación da Coruña. Os nenos e nenas de Frades irán á estación Valgrande-Pajares (Asturias) na cuarta quenda, é dicir, do 3 ao 6 de febreiro de 2023. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 11 a 15 anos e o prazo límite para anotarse no Concello é o venres 16 de decembro.

Para anotarse haberá que entregar o folleto de inscrición no Concello de Frades ou a través da sede electrónica municipal. De haber más solicitudes ca prazas, farase un sorteo das mesmas entre o 19 e o 22 de decembro. O prezo será de 85 euros, que se aboarán unha vez feita a selección dos participantes. Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Frades: 981 695 567.