O Concello de Frades recibe unha axuda para adquirir contedores para a recollida de aceite de cociña usado
O Concello de Frades resultou beneficiario dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para financiar o proxecto “Implantación de recollida de aceites municipal para o Concello de Frades”, ao abeiro da Orde para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.
O proxecto, denominado “Implantación de recollida de aceites municipal para o Concello de Frades”, ten por obxecto a mellora do servizo de recollida de residuos do Concello de Frades. Por medio deste proxecto adquiríronse contedores, para depositar o aceite de cociña usado, que se colocaron un por cada parroquia do Concello para dar servizo a toda a veciñanza. O proxecto total de gastos imputados a esta este proxecto é de 11.887,04 €. A axuda concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é de 11.160,00 €.