spacer
A unidade móbil nº 3 da ITV Agrícola visitará Aiazo e Abellá

O Concello de Frades informa de que a unidade móbil nº 3 da ITV Agrícola visitará o municipio a finais de febreiro. Haberá dous puntos de encontro:

  • AIAZO, na explanada da área recreativa "Os Pasos", o mércores 22 e o xoves 23 de febreiro, en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.
  • ABELLÁ, na explanada do campo de fútbol, o venres 24, o luns 27 e o martes 28 de febreiro, así como mércores 1 de marzo, en horario de  9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

Pódese solicitar cita previa a través do teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com