spacer
O Concello de Frades convida aos nenos e nenas do municipio a formar parte do Almanaque 2024

O Concello de Frades está a preparar unha edición moi especial do seu Almanaque de cara a 2024 no que os protagonistas serán os nenos e nenas do municipio. Por iso convoca unha sesión fotográfica para este sábado 18 de novembro, a partir das 9:30 horas, no Museo Etnográfico de Frades (a carón da casa do concello).

Para participar, só é preciso que os nenos e nenas estean cursando Infantil ou Primaria, veñan caracterizados con roupa antiga e acudan o sábado 18 de novembro ao Museo de Frades na hora que se lles indique. Ademais, deberán anotarse no Concello (981 695 567) antes das 14:00 horas do xoves 16 de novembro, para poder organizar a sesión de fotos.

Con esta iniciativa, o Concello de Frades pretende promover o noso Museo Etnográfico, como fixera hai uns anos co sector lácteo.