O Concello de Frades celebra mañá xoves a súa sesión plenaria ordinaria do mes de novembro de 2023
O Concello de Frades celebrará mañá xoves 30 de novembro, ás 12:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro de 2023. Unha sesión que terá lugar no salón de plenos e de acordo coa seguinte orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 28-09-2023.
- Aprobación da declaración de especial interese ou utilidade pública a efectos de bonificación do IBI.
- Aprobación da elección Xuiz de Paz Concello de Frades
- Aprobación da Política de Seguridade da Información do Concello de Frades.
- Aprobación da interposición de accións civis en defensa de titularidade municipal.
- Aprobación do expediente de Conservación, Protección e Defensa do Patrimonio. Recuperación en vía administrativa de bens das Entidades Locais
- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
- Dación de conta de asuntos económicos.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas