Un cento de veciños e veciñas de Frades desfrutan dunha excursión a Xuvenlugo
Un total de 100 veciños e veciñas de Frades participaron na tarde do mércores na xa clásica saída a “Xuvenlugo”, que organiza todos os anos o Concello de Frades. A expedición saíu ás tres da tarde da casa do concello en dous autobuses que os trasladaron ata Xuvenlugo, onde os veciños e veciñas puideron desfrutar de ludotecas, inchables, obradoiros, videoxogos, minigolf, pistas de slot, salas de escape room, atraccións variadas, rocódromo e moitas máis actividades.
Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey Martínez; o concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Portos; e polo técnico municipal de Deportes, Lino Espiñeira.