spacer
O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero para a rapazada do CPI Ponte Carreira

O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade. Así, de 9:30 a 14:30 horas, o alumnado do CPI de Ponte Carreira poderá participar nunha escape room sobre violencia de xénero. E ás 11:30 horas, a concelleira de Igualdade, Ángeles Álvarez Carro, dará lectura ao manifesto institucional contra a violencia de xénero diante da casa do concello. Dúas iniciativas organizadas polo Concello de Frades en colaboración co Ministerio de Igualdade e dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.