Frades celebra maña xoves a sesión plenaria ordinaria do mes de novembro
O salón de plenos do Concello de Frades acollerá mañá xoves 28 de novembro, ás 12:30 horas, a sesión plenaria ordinaria do mes de novembro que se rexerá de acordo coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 26 de setembro e da sesión extraordinaria de 4 de novembro.
- Aprobación da declaración de especial interese ou utilidade pública a efectos de bonificación do IBI
- Moción do Grupo Municipal do PP de Frades sobre a actuación da unidade da Garda Civil en Sigüeiro e a casa cuartel.
- Decretos da Alcaldía
- Dación de conta de asuntos económicos
- Mocións de urxencia
- Rogos e preguntas