spacer
O Concello de Frades remata a obra "Mellora do Camiño a Regueiro Blanco (Galegos) e outros"

O Concello de Frades vén de rematar a obra  “MELLORA DO CAMIÑO A REGUEIRO BLANCO (GALEGOS) E OUTROS”,  que incluíu a mellora de tres camiños nas parroquias de Abellá, Galegos e Mesos. Unha actuación sobre unha lonxitude total de 1.805 metros e unha superficie de máis de 9.000 metros cadrados.

Esta mellora era especialmente necesaria no caso do camiño a Regueiro Blanco (Galegos), xa que o seu firme era insuficiente para soportar o tráfico de vehículos de gran tonelaxe que circulan a diario por el posto que, ademais de dar acceso a parcelas agrícolas, tamén é o camiño a instalacións agrogandeiras. Por iso, o Concello de Frades apostou por proceder á pavimentación deste camiño con quince centímetros de pedra.

Nos casos da mellora do camiño a Quintá e do camiño a Os Canedos, o afirmado da plataforma fíxose con grixo. O resto das actuacións de mellora foron comúns para os tres camiños: limpeza de gabias en ambas as marxes do camiño e instalación dos respectivos sinais de Stop.

Para o proxecto “MELLORA DO CAMIÑO A REGUEIRO BLANCO (GALEGOS) E OUTROS” cun orzamento total de 75.572,97 € (IVE incluído), a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aprobou concederlle ao Concello de Frades unha axuda de 62.457,00 euros, en virtude do  Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.