spacer
O Concello de Frades abre inscricións no seu programa de conciliación de Nadal

O Concello de Frades convoca o seu programa de conciliación de nadal, dirixido a nenos e nenas de 3 ata 16 anos escolarizados, para ofrecerlles ás familias do municipio unha alternativa para conciliar durante as vacacións escolares. O programa inclúe xogos, obradoiros, contacontos, cociña... e desenvolverase no CPI de Ponte Carreira e no Centro Sociocomunitario de Frades en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O programa desenvolverase ao longo de 9 días, entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro (23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro). O prezo é de 10 euros, cun desconto do 20% para o segundo irmán/irmá e do 50% para familias numerosas. 

O prazo límite para anotarse é o 17 de decembro, tendo preferencia as persoas empadroadas en Frades e as crianzas escolarizadas no CPI de Ponte Carreira. A actividade está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade, dentro do Plan Corresponsables.