Programa de termalismo social (Balnearios) do Imserso
O Concello de Frades informa da apertura do prazo para solicitar quenda dentro do Programa de Termalismo Social do Imserso para acudir aos balnearios:
- de febreiro a agosto, o prazo para presentar a solicitude remata o 9 de xaneiro.
- de setembro a decembro, o prazo exténdese ata o 14 de xuño.
Poderán participar pensionistas da Seguridade Social, pensionistas de viuvedade con 55 ou máis anos, persoas perceptoras do subsidio de desemprego de 60 ou máis anos e persoas aseguradas ou beneficiarias da Seguridade Social con 65 ou máis anos.
A documentación precisa será: DNI e xustificante da pensión.
Para máis información ou presentar solicitudes, pódese acudir ou chamar aos Servizos Sociais do Concello de Frades (981 695 567).