spacer
O Concello de Frades entrega a Cáritas os alimentos recollidos na campaña de Nadal

O concelleiro de Cultura e Voluntariado, Juan Carlos Portos Bra, fixo entrega esta mañá dos alimentos recollidos na Campaña de Nadal a María Flor Bravo Grobas e María Concepción Gómez Lagares, voluntarias en Cáritas Frades-Mesía. Unha campaña que, por undécimo ano consecutivo, permitiu recoller alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) así como produtos do Nadal, todos eles debidamente etiquetados e coa data de consumo preferente non superada. Uns produtos que serán repartidos entre familias máis necesitadas do municipio.

Juan Carlos Portos agradeceu “a solidariedade de todos os veciños e veciñas que colaboraron na campaña, así como o compromiso das persoas responsables dos distintos establecementos e entidades que tomaron parte nesta recollida solidaria: os supermercados Claudio e Tandy, perruquería Patricia Tacón, Cooperativa Central de Frades, Progando, CPI Ponte Carreira e os propios traballadores e traballadoras municipais”.