O Concello de Frades abre o prazo de petición de permisos para as Cacharelas de San Xoán e San Pedro 2026
O Concello de Frades lembra que, con motivo das cacharelas de San Xoán e San Pedro, os veciños, veciñas e entidades organizadoras deberán comunicar a súa realización antes do venres anterior á festa.
As cacharelas ubicadas en prazas, parques e áreas recreativas deberán contar con autorización previa.
As cacharelas realizadas en vías públicas e beirarrúas deberán protexer o pavimento cunha capa de area.
Normas:
- As cacharelas deberán observar as normas básicas de seguridade para evitar situacións de perigo no que se refiere ao volume e separación de edificios e árbores
- A cacharela non poderá situarse baixo tendidos eléctricos ou telefónicos
- Non se queimarán plásticos, PVC, caucho, rodas ou materiais que puideran estalar (sprays, etc)
- Ter previsto material de extinción (extintores, mangueiras con auga, etc)
Ao remate da celebración comprobarase que as cinzas da cacharela queden totalmente apagadas e retiraranse os restos á maior brevidade posible.
Os organizadores serán responsables dos danos que se puideran producir nos bens púlbicos e deberán proceder ao abono dos gastos de recostrución e reparación ocasionados.
En caso de emerxencia: chamar ao 112.