OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO VIII
ACTUALIZACIÓN 4 DE XUÑO 2026
O Concello de Frades, dentro do proceso de selección dos postos de funcionariado interino por proxectos (9 meses) do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII", publica a valoración definitiva do procedemento. Unha decision que o Grupo de Traballo Mixto acordou elevar á Alcaldía do Concello de Ordes para a súa aprobación mediante a correspondente resolución contra a que poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía-Presidencia do Concello de Ordes no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
________________________________________________________________
ACTUALIZACIÓN 3 DE XUÑO 2026
O Concello de Frades pulbica a valoración provisional das persoas candidatas aos postos de alumnado traballador do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII".
O prazo para presentar alegacións e/ou reclamacións será de dous días, a partir da data de publiación das puntuacións provisionais (3 de xuño de 2026).
Presentaranse no Rexistro do Concello de Ordes, dirixidas ao Grupo de Traballo Municipal, encargado da seleccion do Obradoiro de Emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII".
De non haber alegacións ou reclamacións, o listado elevarase a definitivo.
____________________________________________________________________
ACTUALIZACIÓN 2 DE XUÑO 2026
O Concello de Frades publica a puntuación das entrevistas ás persoas candidatas ao posto de alumnado traballador no obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII".
____________________________________________________________________
ACTUALIZACIÓN 1 DE XUÑO 2026
O Concello de Frades, dentro do proceso de selección dos postos de funcionariado interino por proxectos (9 meses) do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII", publica:
- Valoración provisional da fase de oposición
- Valoración provisional da fase de méritos
- Valoración provisional da fase de oposición e de méritos
Nos tres casos, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de dous días hábiles, desde o día seguinte á publicación do resultado da valoración, para presentar alegacións e solicitar a súa revisión ante o Grupo de Traballo Mixto.
_____________________________________________________________
ACTUALIZACIÓN 25 DE MAIO 2026
O Concello de Frades publica a lista definitiva de admisións e exclusión no proceso de selección dos postos de funcionariado interino por proxectos (9 meses) do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII".
Así mesmo, fixa a data de celebración da proba escrita o 29 de maio nos baixos da Alameda de Ordes e os horarios das distintas probas.
____________________________________________________________________
ACTUALIZACIÓN 20 DE MAIO 2026
O Concello de Frades publica a lista provisional de admisións e exclusión no proceso de selección dos postos de funcionariado interino por proxectos (9 meses) do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII".
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dous días hábiltes (a contar desde o seguinte ao da publicación da presente resolución) para realizar rectificacións, emendar erros e presentar posibles reclamacións.
____________________________________________________________________
ACTUALIZACIÓN 13 DE MAIO 2026
O Concello de Frades publica as bases reguladoras do procedemento de selección do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII". Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e promovido polos Concellos de Ordes, Frades e Mesía.
____________________________________________________________________

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia vén de conceder aos concellos de Ordes, Frades e Mesía un novo obradoiro dual de emprego denominado “Brañas do Illó-Río Samo VIII”.
Será un obradoiro dual, cun contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción ou de xardinería, de tres meses máis.
As especialidades que se impartirán son:
- AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
- EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.
Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado participar nos obradoiros duais de emprego, tendo como data límite para facelo o MÉRCORES 6 DE MAIO DE 2026.
Para poder acudir á Oficina de Emprego de Ordes, deberán pedir cita previa:
- No número de teléfono: 981 900 643.
- A través da páxina web: emprego.xunta.es/cita previa.