spacer
Igrexa Parroquial e Cruceiro (Mesos)

A igrexa parroquia de Divino Salvador de Mesos é de tipoloxía rural é está situada nun contorno natural, rodeada por prados e bosque. Complétase o conxunto co cemiterio na parte traseira.

A planta é lonxitudinal, un tanto irregular polo engadido de pequenos corpos nos laterais. Na actualidade aparece recebada de cemento e pintada de cor branca. O interior tamén aparece reformado e revestido de cal. A práctica inexistencia de vans segue sendo unha constante común neste tipo de igrexa. A fachada principal, na que se adoitan concentrar os elementos decorativos, carece practicamente deles.

Conserva o esquema tradicional, composto por unha porta, rematada en lintel curvo neste caso, dous vans no lugar do único doutras ocasións, e espadana de dous arcos de cemento, dun só corpo, rematada en pináculos e cruz, de aspecto barroco, únicos elementos ornamentais da construción. Todos estes elementos aparecen aliñados no eixo lonxitudinal central da fachada, como é habitual.

Igrexa Parroquial e Cruceiro (Mesos)

Cruceiro (Mesos)

Localización