spacer
Igrexa Parroquial e Cruceiro (Papucín)

A igrexa de Papucín ten unha estrutura románica, inda que foi reconstruída e no testeiro da ábsida vese un pequeno escudo encaixado, procedente quizás dalgún pazo próximo.  A moi pouca distancia dela álzase o casal de Quintá de Arriba, que xa perdeu os seus atributos de pazo.

Presenta unha planta lonxitudinal e irregular debido á presenza dun engadido lateral, coa parte da cabeceira máis estreita e de menor altura. Todos estes elementos producen un xogo de volumes cúbicos a diferentes niveis. Está construída en cantería de pedra, e en moitas partes da construción están recebadas e pintadas en branco coas esquinas en vans en pedra á vista.

A fachada principal presenta as pezas de cantería á vista e encintadas, e mantense na liña organizativa das demais da zona, cunha porta moldurada, unha fiestra que ilumina o coro, e unha espadana de cemento sustentada por unha base rectangular con sinxela decoración de aplacados; todos estes elementos nun mesmo eixo lonxitudinal central. O interior, moi austero, alberga un retablo de madeira. Merece destacarse a presenza dun pequeno escudo na parte da cabeceira.

Igrexa Parroquial e Cruceiro (Papucín)

Cruceiro (Papucín)

Localización