Medio Ambiente vai executar obras de mellora e humanización na contorna do centro de saúde no Concello de Frades
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vai executar unhas obras para mellorar o estado actual da contorna próxima ao Centro de saúde de Abellá de Frades, así como para humanizala. Trátase dunha actuación que suporá un investimento de case 85.000 euros e que se levará a cabo ao amparo dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Frades, nos que a Xunta aporta un 70%, mentres que a porcentaxe restante é asumida pola Administración local.
Os traballos consisten na reformulación dos peches e muros actuais e a ordenación da zona, tanto das partes axardinadas coma das pavimentadas. A finalidade é acadar unha contorna máis agradable e integrada, polo que prevé o soterramento das liñas aéreas e por último substituirase as luminarias actuais por unhas novas con tecnoloxía LED, de menor consumo enerxético.
Ao longo 2019 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumiu preto de 90 novos compromisos, que se traducen nun investimento de case 13 millóns de euros, co obxectivo de avanzar cara un urbanismo responsable e avogar pola recuperación das vidas e cidades galegas e manter unha das sinais de identidade de Galicia, como é a paisaxe.