O Concello de Frades continúa cos traballos de desinfección e reparte epis nos locais abertos ao público
O Concello de Frades continúa cos labores de limpeza e desinfección do exterior dos establecementos abertos ao público no municipio (farmacias, entidades bancarias, supermercados, tendas...), así como o centro de saude e os contedores do lixo. Así mesmo, repartiu equipos de protección individuais en todos os locais que están abertos ao público: mascarillas, guantes, xel de mans, pantallas protectoras...para a protección das persoas que están a atender estes establecementos, aos que agradecemos o seu labor.
Así mesmo, acaban de confirmarnos a alta da segunda persoa que dera positivo por coronavirus no municipio. A realización dun segundo test deu negativo, se ben esta persoa ainda que ten que gardar corentena por precaución. Celebramos esta boa nova, tanto para esta persoa como para a súa familia e amizades, e agardamos pola total recuperación da primeira persoa afectada.
Aínda que as cousas van a mellor, non podemos relaxarnos. Queda na casa, sigue as recomendacións das autoridades sanitarias e coida de ti e dos teus. Ánimo que cada vez queda menos para saír desta todos e todas xuntos.