spacer
Jenaro Fieira Noya comparte coa veciñanza de Frades o seu libro "Gran recetario. Cocina de Casa"

O cociñeiro Jenaro Fieira Noya, mestre dos cursos de cociña organizados polo Concello de Frades nos últimos anos, comparte cos veciños e veciñas do municipio o seu libro "Gran recetario. Cocina de Casa". Trátase dunha publicación que recolle 76 menús completos e máis de 240 receitas que se poden consultar tanto por orde alfabética como por menú.

Dende o Concello de Frades agradecemos o detalle do mestre Jenaro Fieira, quen explica que "a intención deste recetario non é outra ca unificar e facilitar o acceso a todos estes menús realizados" nos cursos que leva impartindo dende hai máis de 10 anos. O cociñeiro asegura que quere "trasladar este recetario a todos aqueles que foron partícipes no seu día nalgún destes cursos e poidan acceder a este recurso a partir de agora".