spacer
Frades convoca unha saída ao Aquapark de Cerceda e outra a Ponteceso, na que se oferta unha visita libre ou unha ruta de sendeirismo

O Concello de Frades organiza dúas saídas para a primeira semana do mes de agosto, unha ao Aquapark de Cerceda e outra á contorna da vila de Ponteceso. Dúas saídas para as que é obrigatorio anotarse antes do próximo 3 de agosto no Concello de Frades (981 695 567).

Na excursión ao Aquapark, que terá lugar o venres 7 de agosto, o Concello de Frades subvencionará o transporte en autobús das persoas participantes, que deberán aboar 5 euros (empadroadas) e 8 euros (non empadroadas). Os nenos e nenas menores de 4 anos poden asistir de balde. A saída está programada ás 13:00 horas diante da casa consistorial e a volta ás 20:00 horas, polo que se recomenda levar xantar.

A saída a Ponteceso terá lugar o sábado 8 de agosto e as persoas participantes deberán aboar un prezo de 10 euros e levar o xantar da casa. A saída terá lugar ás 9:00 horas de diante do Concello de Frades, que ofrece dúas posibilidades á veciñanza, ambas coa mesma parada final: visita guiada ao Dolmen de Dombate. 

A primeira delas é unha ruta de sendeirismo de 12 km entre Ponteceso e o Monte das Pías, pasando polas sendas do Anllóns para pasar polo castro de Borneiro. A segunda opción é unha visita libre a Ponteceso, cun xantar conxunto ao mediodía no Dolmen de Dombate. Pola tarde, ambos grupos terán visita libre por Ponteceso.

Frades convoca unha saída ao Aquapark de Cerceda e outra a Ponteceso, na que se oferta unha visita libre ou unha ruta de sendeirismo