spacer
Apertura do prazo de presentación de solicitudes das axudas do Plan de Emprego Local (PEL)-Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, vén de convocar as axudas PEL 2021 coas seguintes liñas:

  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables 
  • LIÑA PEL AUTONOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña 
  • LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. 
  • LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. 


As bases das axudas PEL 2021 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 37 de 25.02.2021. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 11 de marzo ata as 14:00 horas do 15 de abril de 2021.


As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal). Máis información na web: https://emprego.dacoruna.gal/