spacer
O Concello de Frades comeza a facer efectivas as axudas do PEL Reactiva

O Concello de Frades aprobou, por Decreto de Alcaldía, a xustificación das axudas ao Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social (PEL REACTIVA), convocatoria subvencionada pola Deputación da Coruña e ten por obxecto axudar ás persoas autónomas e microempresas a mitigar os efectos da pandemia sanitaria da Covid-19.

O Concello de Frades comezou a facer efectivas as axudas esta semana. Das 22 solicitudes presentadas inicialmente, 19 cumprían cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así, o importe final da subvención é de 33.000  euros, dos que a Deputación achega o 80% e o Concello de Frades o 20% restante.