O Concello de Frades celebra este venres a súa sesión plenaria ordinaria de setembro
O Concello de Frades celebrará este venres 10 de setembro, ás 13:30 horas, no multiúsos a súa sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de setembro. Debido ás novas condicións sanitarias froito da pandemia da Covid-19, o aforo de público asistente estará limitado a 15 persoas. A sesión desenvolverase de acordo coa seguinte Orde do día.