spacer
A Xunta concede 346.000 euros para o cuarto obradoiro dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, clausurou esta mañá o obradoiro de emprego Brañas do Illo-Río Samo III, organizado polos Concellos de Frades, Mesía e Ordes e que contou cunha achega da Xunta da máis de 346.000€. Un obradoiro que durante nove meses formou a 20 alumnos e alumnas nas modalidades de actividades auxiliares e conservación de montes e en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

No acto, Trenor estivo acompañado polos alcaldes dos Concellos de Frades, Roberto Rey Martínez; Mesía, Mariano Iglesias; e Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo. Roberto Rey agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia “pois xa temos concedido a cuarta edición deste obradoiro de emprego dual Brañas do Illó-Río Samo IV, cunha achega de 346.946 euros e que formará a outras 20 persoas desempregadas en actividades auxiliares e conservación de montes, así como en repoboación forestais e tratamentos silvícolas durante outros 9 meses. Agardamos que poida dar comezo a mediados do próximo mes de outubro”.

O alcalde de Frades puxo en valor este tipo de obradoiros pois, ademais da formación profesional para o emprego do alumnado, permiten a realización de obras de interese xeral e social. No caso de Frades, o alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Brañas do Illó-Río Samo III posibilitou o mantemento e mellora das áreas recreativas: Os Pasos de Aiazo, Ponte Carballa (Abellá), área da piscina municipal (Papucín), área recreativa do Muíño de Céltigos (onte tamén fixeron reparacións no seu peche tras uns actos vandálicos), área da Presa (Gafoi); así como a limpeza e axardinamento do CPI de Ponte Carreira, a reparación en posta en valor dos parques infantís do Cabezo (Abellá) e Moar ou as melloras no campo de fútbol de Ponte Carreira e no campo de fútbol de Vitre.

A Xunta concede 346.000 euros para o cuarto obradoiro dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo