spacer
Aberto ata o 24 de setembro a solicitude de praza no obradoiro dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo IV

O Concello de Frades informa de que a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia acaba de conceder aos Concellos de Ordes, Frades e Mesía un novo obradoiro dual de emprego, denominado Brañas do Illó-Río Samo IV. Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal durante outros 3 meses. As especialidades que se impartirán son as mesmas co ano pasado:

  • actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1
  • repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2

Todas as persoas interesadas en participar na selección tanto como persoal directivo, docente e de apoio ou como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado os obradoiros duais de emprego, tendo como data límite ata o venres día 24 de setembro de 2021. O prazo xa estivo aberto durante todo o ano.

Dada a situación ocasionada pola pandemia da Covid-19, as persoas interesadas en participar neste obradoiro dual e teñan que acudir á Oficina de Emprego de Ordes, pedindo cita previa a través do 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego ordense  (881 960 455/456/457), a través de http://emprego.xuna.gal ou a través da aplicación: Mobem.