spacer
Os Reis Magos farán dúas paradas: na praza do centro médico de Abellá (15:30 h) e na praza de Ponte Carreira (17:30 h)

O Concello de Frades informa de que a visita dos Reis Magos ao municipio deste mércores 5 de xaneiro desenvolverase do seguinte xeito:

  1. é imprescindible anotarse antes do 5 de xaneiro no Concello: 981 695 567.
  2. a comitiva real fará unha parada ás 15:30 horas na praza do centro de saúde de Abellá (se chove, o punto de encontro será o pavillón do campo de fútbol)
  3. a segunda parada terá lugar ás 17:30 horas na praza de Ponte Carreira (se chove, a cita será no polideportivo municipal de Ponte Carreira).

En ambos os dous casos é necesario que todas as persoas que participen na recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar utilicen máscar, manteñan a distancia social e hixienicen as súas mans. No caso de nenos ou nenas que estean confinados/as por culpa da Covid ou calquera outro motivo e non poidan asistir a ningunha das recepcións, as familias poden deixar aviso e dirección no Concello e a cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar fará unha visita para saudalos dende o exterior das casas.