Comeza en Frades unha nova edición do Curso de Poda e Enxertos con 34 participantes
Un total de 34 veciños e veciñas participan nunha nova edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades. Un curso de 20 horas de duración, 15 prácticas e 8 teóricas, no que o alumnado aprenderá técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de plantas: sementes, enxertos, estaquillado, acodo, etc.
O concelleiro de Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á primeira sesión do curso, no que animou ás persoas participantes a seguir formándose a través das ampla e variada oferta da que dispón o Concello de Frades. As clases, impartidas polo profesor Rosendo Luís Estévez, terán lugar os sábados 16 e 26 de marzo, así como o 2 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O multiúsos de Frades acollerá as sesións teóricas, mentres que as prácticas terán lugar nunha leira municipal.
