spacer
Clausurado o Curso de Poda e Enxertos, que formou a 34 veciños e veciñas de Frades

O concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, vén de clausurar o Curso de Poda e Enxertos organizado polo Concello de Frades e no que tomaron parte un total de 34 veciños e veciñas. Unha iniciativa de 20 horas de duración, 15 prácticas e 8 teóricas, no que o alumnado aprendeu técnicas de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de plantas: sementes, enxertos, estaquillado, acodo, etc. 

As clases, impartidas polo profesor Rosendo Luís Estévez, tiveron lugar os sábados de marzo e abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O multiúsos de Frades acolleu as sesións teóricas, mentres que as prácticas tiveron lugar nunha leira municipal.

Clausurado o Curso de Poda e Enxertos, que formou a 34 veciños e veciñas de Frades