spacer
Máis de 350 persoas participan na XXIII Festa dos Nosos Maiores do Concello de Frades

Máis de 350 persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXIII Festa dos Nosos Maiores, que tivo lugar hoxe sábado na carballeira de San Nicolao e que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, á fronte da corporación municipal, e da xefa territorial de Política Social da Xunta de Galicia, María Blanco Aller.

A XXIII Festa dos Nosos Maiores comezou ás 13:00 horas cunha misa oficiada polos párrocos Antonio Regueira Sánchez e Manuel Ferreiro Méndez, co grupo Medorra con Troula poñendo a música. Ás 14:00 horas, mentres os comensais buscaban os seus asentos, a música correu a cargo do dúo Eva e Camilo. O xantar estivo ofrecido polo restaurante Casa Taboada (Touro) cun menú a base de empanada, polbo á feira, xarrete, sobremesa e café.

A partir das 18:00 horas haberá xogos populares, algúns feitos con material de refugallo e outros tradicionais aos que xogaban os nosos maiores cando eran cativos (aro, chave...). Paralelamente, haberá a tradicional homenaxe ás persoas de máis de 90 anos presentes na festa, unhas distincións que estarán acompañadas musicalmente polo dúo Eva y Camilo, o grupo folclórico Sarillo (Aiazo -. Frades) e o grupo folclórico Medorra con Troula (Frades). 

que dará paso a unha actuación musical do Dúo Eva e Camilo. O xantar terá lugar ás 14:30 horas. A partir das 16:30 horas haberá actuacións musicais, a cargo do Dúo Eva e Camilo e de grupos folclóricos locais, así como xogos populares fóra da carpa. Finalmente, ás 18:00 horas terá lugar a tradicional homenaxe ás persoas asistentes maiores de 90 anos.

Roberto Rey sinala que “as persoas maiores merecen máis que nunca este día de celebración despois de dous anos nos que tiveron que pasar por momentos moi duros e con moitas restricións e inquedanzas por mor da pandemia do coronavirus”.

Máis de 350 persoas participan na XXIII Festa dos Nosos Maiores do Concello de Frades