A Xunta somete a información pública o parque eólico de Gasalla, nos concellos de Frades e Mesía
O Diario Oficial de Galicia de hoxe venres 16 de setembro publica o acordo do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Gasalla, nos concellos de Frades e Mesía (expediente IN408A 2017/26).
O parque eólico Gasalla ten as seguintes características:
-
Estado actual do proxecto: en fase de envío de suxestións
-
Prazo para remitir achegas/opinións: 19/09/2022 - 31/10/2022
-
Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L.
-
Concellos afectados: Mesía e Frades (A Coruña).
-
Potencia que se vai instalar: 24,255 MW.
-
Número de aeroxeradores que se van instalar: 7 ud.×3,465 MW de potencia nominal unitaria
-
Produción media neta estimada: 69.026,56 MWh/ano.
-
Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 2.846 horas.
-
Orzamento de execución material: 21.077.457,46 €.
- Prazo de execución: doce (12) meses.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Mesía e Frades (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación premendo aquí. Os documentos dispoñibles son:
- O proxecto de execución (xuño 2022 - visado 25-7-2022)
- O plano xeral das instalacións do proxecto
- O Estudo de Impacto Ambiental
- O proxecto de interese autonómico
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:
- No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.
- Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
- Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
- Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
- En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.