spacer
O Concello de Frades recibe unha subvención para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura

O Concello de Frades decidiu concorrer para a concesión dunha subvención para ampliar e diversificar a oferta cultural non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos europeos NextGenerationEu e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento da Unión Europea.

A finais de agosto de 2022 o Director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) tras ver os proxectos presentados, tanto de organismos públicos como privados, notificoulle ao Concello de Frades a resolución da concesión da subvención. O importe concedido divídese en dúas anualidades (2022 e 2023), correspondéndolle a cada unha delas a cuantía de 21.000€.

O Concello de Frades aceptou a axuda que implica que o proxecto cumprirá co principio DNSH (Principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente e as condicións de etiquetaxe climática e dixital) e á normativa aplicable por razón do financiamento pola Unión Europea e polo resto das normas nacionais e autonómicas.

A axuda, que mantén como obxectivo dinamizar o rural e as industrias culturais, ten a súa orixe e financiamento nos fondos NextGeneration da Unión Europea. Na súa xestión participa a Xunta de Galicia (Axencia Galega das Industrias Culturais), o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A concesión da axuda está apoiada pola Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 2021-2022.

Obxectivos Xerais que persegue o proxecto de Centro de Cultura Tradicional

O proxecto subvencionado, que se desenvolverá no multiúsos fradense, denomínase “Centro de Cultura Tradicional. Concello de Frades”, un espazo museístico de vocación transversal enmarcado nun proxecto máis amplo xa posto en marcha polo Concello: “A Herdanza do Pasado”, que se desenvolverá nos próximos anos co fin de dotar ao Concello de Frades cun museo institucional segundo a lexislación vixente.

Basicamente, o proxecto consta dunha parte de intervención sobre pezas etnográficas e unha segunda de programación de actividades relacionadas coa cultura tradicional ao longo do ciclo dun ano, como por exemplo o magosto, os cantares de Reis, o Entroido, etc.

Algúns dos obxectivos xerais que persegue son os seguintes:

  • A recuperación, exposición, musealización e posta en valor do amplo patrimonio vinculado coa cultura tradicional que posúe o municipio.
  • A dinamización da cultura tradicional (tanto material como inmaterial) dentro da sociedade co fin de preservar e dar a coñecer o patrimonio tradicional en vías de desaparición.
  • A Exposición e musealización de pezas etnográficas. Programación de actividades culturais relacionadas coa cultura tradicional.
  • O coñecemento do patrimonio material e inmaterial: traballo de campo para a recolleita de pezas etnográficas (patrimonio material) e cultura oral (patrimonio inmaterial).
  • O fomento de actividades dirixidas a todo o espectro da sociedade (escolares, participación xuvenil, implicación dos maiores) para conservar e valorar as raíces da cultura tradicional no entorno máis inmediato.
  • A educación nos valores dunha sociedade igualitaria, partindo de análises críticas e razoadas que toman como eixo vertebrador a riqueza da nosa cultura tradicional, especialmente a etnográfica.
  • A ampliación e consolidación de actividades protagonizadas polo sector das industrias culturais (ben sexa a través de empresas, asociacións, autónomos...) co fin de ofrecer oportunidades de emprego no ámbito rural.
  • A activación e diversificación de ofertas culturais sólidas e novidosas a través dun estímulo que serva para revalorizar os servizos culturais.
  •  A utilización das novas tecnoloxías dixitais en todo o proceso.
O Concello de Frades recibe unha subvención para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura