spacer
Cen veciños e veciñas de Frades participan na excursión ao Multixogo Nadal (Santiago)

Un total de 100 veciños e veciñas de Frades, na súa gran maioría nenos e nenas, participaron na primeira excursión do ano organizada polo Concello de Frades, que tivo como destino o Multixogo Nadal do Multiúsos Fontes do Sar (Santiago de Compostela). Unha viaxe na que estiveron acompañados polo alcalde, Roberto Rey Martínez.

A rapazada desfrutou de inchables, obradoiros, videoxogos, rocódromo, deportes, karts a pedais, xogos interactivos e, especialmente, dunha espectacular tirolina de 80 metros e da actuación dun vello amigo como é Pakolas, desta vez co seu espectáculo “Rockeando con Ramona Órbita”.

Cen veciños e veciñas de Frades participan na excursión ao Multixogo Nadal (Santiago)