O Concello de Frades foi beneficiario dunha axuda de case 360.000 euros do IDAE para actuacións de aforro enerxético no alumeado público
O Concello de Frades vén de ser beneficiario dunha subvención para o proxecto denominado "Actuacións de aforro enerxético no alumeado eléctrico do Concello de Frades". Este proxecto era de 449.708,60 euros,dos que o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) subvencionou 359.766,88 euros. O proxecto adxudicouse á emprea Tecnored SA (A15035413) por importe de 3888.652 euros e esta rematado.
A actuación levouse a cabo en 863 puntos de luz existentes no municipio, substituíndo as actuais luminarias (principalmente VSAP e halogenuros metálicos) por luminarias LED más eficientes e actuando en 34 centros de mando existentes para adaptalos á normativa vixente.
Como consecuencia do proceso de licitación, substituíronse 80 puntos de luz coas luminarias ofertadas a maiores polo contratista da obra. Facendo un total de 942 unidades modificadas nesta actuación.
A inicativa inclúe para cada centro de mando seleccionado a substitución das luminarias existentes por outras tipo LED e a renovación dos centros de mando actuais.
Potencia instalada inicial (kW) | 101,88 |
Potencia instalada final (kW) | 35,18 |
Reducción de potencia instalada (%) | 62% |
Consumo anual de electricidade da instalación inicial (kWh/año) | 453.766,75 |
Consumo anual de electricidade da instalación final (kWh/año) | 112.742,29 |
Reducción de consumo de energía eléctrica (%) | 75% |
Calificación enerxética da nova instalación | A |
Calificación enerxética da nova instalación | A |
