spacer
O Concello de Frades convoca catro xornadas dedicadas á saúde no Hotel Balneario Compostela

O Concello de Frades convoca un ano máis o seu programa “Mes da saúde”, que inclúe catro xornadas dedicadas á saúde no Hotel Balneario Compostela que terán lugar os martes 7, 14, 21 e 28 de marzo. O prezo mantense nos 45 euros e a admisión será por rigorosa orde de inscrición no teléfono 981 695 567, onde se abrirán as inscricións entre o 27 de febreiro e o 4 de marzo. Terán preferencia as persoas empadroadas en Frades.

O Concello de Frades subvenciona o 70% do custo desta iniciativa e porá un autobús a disposición das persoas participantes, que sairá da Grabanxa ás 15:00 horas e as recollerá polas distintas parroquias. Os veciños e veciñas participantes deberán levar traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina. 

Durante esas catro sesións no Hotel Balneario Compostela desfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.