spacer
Pleno ordinario de marzo de 2023

O Concello de Frades convoca a súa sesión plenaria ordinaria de marzo de 2023, que terá lugar o venres 10 de marzo ás 13:30 horas no salón de plenos do Concello de Frades. A orde do día é a seguinte:

  1. Aprobación da acta do Pleno Ordinario anterior (13-01-2023)
  2. Solicitudes ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para reiterar que se actúe sobre o tramo da N-634 ao seu paso por Frades, arranxando as vías de servizo e os pasos inferiores, así como mellorando os accesos á zona do Cadaval e á Cooperativa Central de Frades, e limpando a maleza que medra sobre a Ponte Vella sobre o Tambre. Así mesmo, solicitarase a cesión do tramo vello da N-634 ao seu paso polo núcleo urbano de Ponte Carreira unha vez que se mellore a capa de rodadura e se constrúa unha nova senda dende Porto Avieira ata a vía de servizo que dá acceso á Cooperativa Central de Frades. 
  3. Solicitude á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Augas de Galicia para solicitar o arranxo do muro da "Presa de Ponte Carreira", no río Tambre e a carón da área recreativa da Presa. Tamén se solicita se hai algunha concesión sobre a presa e, de non existir, se proceda á súa cesión ao Concello de Frades.
  4. Aprobación da Ordenanza de Administración Electrónica.
  5. Dación de conta de decretos
  6. Mocións
  7. Informes
  8. Rogos e preguntas.