O Concello de Frades asina convenios de colaboración coas 3 casas niño e coas 2 casas do maior do municipio
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, asinou esta mañá cinco convenios de colaboración coas representantes das tres casas niño e das dúas casas do maior existentes do municipio. Uns acordos polos que o Concello de Frades achegará 600 euros para cada unha destas entidades para investir na renovación de material lúdico, de ocio, de coidado das persoas, xogos, etc.
Os convenios, asinados esta mañá no salón de plenos municipal, beneficiarán ás casas-niño "Axóuxere" (Galegos), "Garatuxa" (Vitre) e "Xoaniña" (Abellá), así como ás casas do maior "Sorrisos" (Abellá) e "O noso fogar" (Galegos).