spacer
Información sobre a rotura da balsa de pluviais

O Concello de Frades informa de que a rotura dunha balsa de limpeza de áridos no municipio non supón afección algunha para o abastecemento de auga municipal, cuxa captación se atopa varios quilómetros río arriba de onde tivo lugar a incidencia. Polo tanto, todos os veciños e veciñas de Frades poden ter a garantía de que a auga da billa é totalmente potable xa que a rotura da balsa non afectou nin á captación nin á rede de abastecemento municipal.

Dende o momento no que se tivo coñecemento da incidencia, o equipo de Goberno estivo en permanente contacto coa empresa e con técnicos de Augas de Galicia. A información que achegan é que son augas pluviais e que non conteñen ningún material contaminante, a pesar da turbidez das augas. De todos modos, dende o Concello estamos pendentes do envío das correspondentes analíticas das augas para confirmar estas informacións.