spacer
Información sobre a rotura da balsa de pluviais

Tras coñecer a rotura dunha balsa de limpeza de áridos no municipio, desde o Concello de Frades levamos atentos á situación dos nosos ríos Gaiteiro, Maruzo e Tambre.  O alcalde de Frades, Roberto Rey, indica que “informáronnos de que era auga de chuvia e que chegou ao Tambre, que presentaba turbidez nas súas augas como cando vai día de tormenta. O 112 Galicia trasladounos unha alerta por se as captacións municipais da auga poderían verse afectadas pero a nosa está augas arriba de onde tivo lugar o vertido, polo que non foi preciso adoptar medidas preventivas ningunhas. E hoxe xa vemos que as augas volven baixar máis limpas”.