spacer
Corenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Soutomaior, Redondela e Pontevedra

Un total de corenta veciños e veciñas tomaron parte na excursión organizada polo Concello de Frades o pasado sábado e que tivo como destino as localidades de Soutomaior, Redondela e Pontevedra. Unha visita na que estiveron acompañados polo concelleiro de Maiores, Jesús Francos Sánchez, e pola guía de Vagalume Ocio e Tempo Libre.

Durante a mañá, a expedición visitou o castelo de Soutomaior, onde desfrutaron tanto da fortaleza como dos seus fermosos xardíns. Tras unha parada para xantar en Redondela, os excursionistas desfrutaron dunha tarde de visita libre á cidade de Pontevedra.

Corenta veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Soutomaior, Redondela e Pontevedra