O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de 2 peóns/peoas forestais ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia, incluido na liña 1.1 do PEL, anualidade 2023  (BOP nº 13 de 19 de xaneiro de 2023)

A contratación destas 2 persoas realizarase por un período de 4 meses, cunha xornada laboral completa de 8 horas diarias. As persoas interesadas nalgún destes postos de traballo deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

Selección de 2 persoas traballadoras desempregadas mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña