O próximo 3 de setembro ás 14:00 terá lugar no restaurante O Cadaval unha comida homenaxe a Juan López Villasante, médico que estivo traballando durante 33 anos en Frades.

A inscrición ábrese o día 21 de agosto e pechase o 29 de agosto. As prazas son limitadas, e o prezo será 30 euros. Este evento é promovido por D. M. Encarnación Sánchez Meijide e D.M. Aurora Patiño Rial, e colabora o Concello de Frades.

Xa o pasado 7 de xuño os edís de Sanidade e Cultura, Manuel Ferreiro Marzoa e Juan Carlos Portos Bra, desprazáronse ata o centro de saúde de Ponte Carreira para desexarlle unha feliz xubilación e recoñecerlle persoalmente a súa dedicación aos pacientes durante tres décadas, á vez que fixeron entrega ao doutor dun pequeno obsequio conmemorativo en nome da corporación local.

O Concello de Frades colabora nunha comida homenaxe ao doutor Juan López Villasante