Gran partido entre o S.E. ABELLÁ S.D.C. e SD Ponte Carreira no torneo de fútbol do Concello de Frades
O pasado sábado 19 de agosto disputouse o Torneo dos clubes federados do Concello de Frades de fútbol no Campo de fútbol O Vedral sita en Abellá.
Os equipos participantes foron o conxunto do Abellá contra a SD Ponte Carreira, e o resultado final quedou nun empate de 0-0. Foi un encontro disputadísimo no que houbo que ir a tanda de penaltis, donde resultou gañador o equipo de Abellá despois de lanzar 8 penaltis cada equipo.
Houbo entrega de trofeos para os dous conxuntos entregados polo Sr Alcalde Roberto Rey Martínez e o Concelleiro de Cultura e Deportes Carlos Portos Bra.
