Horarios e normativas do Campionato de Pádel 2023 do Concello de Frades
A competición se celebrará nas instalacións-complexo da Piscina Municipal
A edición anual do Campionato de Pádel do Concello de Frades terá lugar o día 26 de agosto na Piscina Municipal. Empezará xogando o grupo 1, composto polas parellas participantes Hugo e Manuel, Juán e Sema, José e Ángela e Alvela e Dani Quinteiro. A distribución dos partidos será a seguinte:
• Ás 15:30h Hugo e Manuel contra Juán e Sema.
• Ás 16:10h José e Ángela contra Alvela e Dani Quinteiro.
• Ás 16:50h Hugo e Manuel contra José e Ángela.
• Ás 17:30h Juán e Sema contra Alvela e Dani Quinteiro.
• Ás 18:10h Hugo e Manuel contra Alvela e Dani Quinteiro.
• Ás 18:50h José e Ángela contra Juán e Sema.
Ao mesmo tempo competiran os xogadores de grupo 2, nos que se encontran os dúos formados por Esteban e Anxo, Juán Carlos e Álvaro, Pazos e Carro e Kevin e Elena. Os encontros terán o seguinte horario:
• Ás 15:50h Esteban e Anxo contra Juán Carlos e Álvaro.
• Ás 16:30h Kevin e Elena contra Pazos e Carro.
• Ás 17:10h Esteban e Anxo contra Pazos e Carro.
• Ás 17:50h Kevin e Elena contra Juán Carlos e Álvaro.
• Ás 18:30h Esteban e Anxo contra Kevin e Elena.
• Ás 19:10h Pazos e Carro contra Juán Carlos e Álvaro.
Os participantes resultantes de estas dúas quendas competirán nas semifinais, primeiro ás 19:30h o gañador do grupo 1 vs o segundo mellor do grupo 2 e despois ás 19:55h o gañador do grupo 2 vs o segundo mellor do grupo 1. A final terá lugar ás 20:20h.
Nos partidos xogarase ao mellor de 5 xogos (ou tie break 4-4). Haberá punto de ouro, o cal terá lugar cando a puntuación do xogo alcance o 40/40. As semifinais xogaranse a 1 set (6 xogos ou tie break) e a final xogarase o mellor de 2 sets ou mutuo acordo. Rogase puntualidade máxima.
