O Concello de Frades celebrará o vindeiro martes 23 de xaneiro, ás 12:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria do mes de xeneiro, que se desenvolverá de acordo coa seguinte Orde do Día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 30 de novembro de 2023.
  2. Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2022.
  3. Aprobación da elección Xuíz de Paz Substituto do Concello de Frades
  4. Aprobación inicial do Inventario de Bens do Concello de Frades.
  5. Sorteo das mesas electorais para as eleccións autonómicas.
  6. Decretos da Alcaldía e comunicacións.
  7. Dación de conta da aprobación da Decreto de aprobación da Liquidación do exercicio 2022
  8. Mocións de urxencia.
  9. Rogos e preguntas